martes, 27 de marzo de 2007

A morte do señor Parafuso


Amigos, fago eco dun suceso tráxico e consternador acontecido recentemente. Refírome á aparición en estrañas circunstancias do corpo sen vida do señor Parafuso. Unha aura de mistero rodea esta morte (supostamente violenta). Non temos ningún tipo de información sobre o sucedido. Ninguén sabe o móbil do supostro crime. Nin sequera se sabe se foi un crime, pero as fotografías tomadas ó corpo in situ donde foi atopado parecen dar indicios de que así foi. Son as únicas pistas que nos poden aportar algo de luz en este caso.





Se alguén pode aportar algo para esclarecer este asunto, xa seña un testimonio, unha pista, ou se tedes unha teoría do que puido ter pasado, por favor deixade un comentario ou mandadeo a papalobas@hotmail.com . Calqueira teoría, por disparatada que sexa pode ser de axuda.


Señor parafuso; D.E.P.













Máis fotos: pincha aquí, e aquí.

No hay comentarios: