miércoles, 28 de marzo de 2007
¡Urbanismo Desaforado!
Xa non nos chejaba co feísmo. Agora ven o urbanismo a acabar de rematala. A ver cándo nos damos conta que un dos recursos máis importantes que temos nesta terra é a paisaxe. Esa paisaxe que nos da calidade de vida (realmente penso que vivimos nun paraíso natural), e xenera (e podería xenerar moito mais se se coidara e soubera explotar de xeito adecuado) unha cantidade importante de ingresos gracias ó turismo. E malia que a maltratamos inda podemos gozar dunhas paisaxes fermosas. A ver por canto tempo. Porque xa empezan a urbanizar desmesuradamente. Está claro que hai que urbanizar. Necesítanse vivendas. ¡¡Vivendas!! ¡¡Non nichos!!. Non só fan falta pisos, pisos e pisos; amoreando edificios de calqueira xeito con tal de facer o edificio máis rentable. Coidemos a paisaxe. Fagamos ruas ámplias, prazas acolledoras, lugares axardiñados, entornos agradables á vista... ¿tanto costa iso? Costa cartos, claro... En definitiva, lugares para vivir. Polo menos cunha calidade de vida minima. A quén lle gusta vivir en laberindos de formigón? Á hora de construir falta sentido común e sobra avaricia. O primordial para políticos e promotores é a pasta, pasta, pasta... Incluso a costa de roubar solo público, arruinar espacios naturais de gran riqueza (estan a urbanizar nas ladeiras do monte Pindo, por exemplo), e estropeala paisaxe... Vaia panorama eh..
É dificil ser optimista neste aspecto hoxe en día.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario