lunes, 16 de abril de 2007

Campus Rock 2007



O próximo 16 de maio celebraráse unha nova edición do Campus Rock. Para os que non o sepan, é un festival que organiza unha comisión de estudiantes da Universidade da Coruña.

Pois ben. Xa está en marcha a organización do evento. Según fontes cercanas á organización do evento xa hai algúns nomes, para o cartel. Os Nu-Niles (que tamén estiveron no FreakLand) e posiblemente Los Chicos. Todo está aínda en caracter provisional. Estase a barallar as posiblididades para encher o resto do cartel.


A cuestión é que aparte dos grupos cabeza de cartel, van a seleccionar a 4 ou 5 grupos máis coa idea de dar unha oportunidade a bandas emerxentes de se ensinar e mostrar o que fan. Os grupos interesados en participar teñen que crear un espacio propio en MySpace e colgar alí algúns temas propios. Logo deben "amigarse" co MySpace da organización. Esto sempre segundo as miñas fontes, que parecen fiables. A dirección en cuestión é : http://www.myspace.com/campusrockcoruna . Creo que os grupos seleccionados deste xeito non cobrarán, ou en principio tiña pensado de ser así.

Pois nada, ahí queda dito. Cando teña máis novas poñereinas por aquí.

No hay comentarios: