martes, 10 de abril de 2007

Conversa :: Xogo



(...)
- Yo no creo que me la comiera.
- Pués yo me la comería seguro.
(...)





Este é un extracto sacado de contexto dunha conversa real entre dúas persoas. Propóñoche un xogo:

Ó ler a conversa na túa mente imaxinache unha situación na que se podería dar esta conversa ¿non si?; por exemplo: dous amigos falando de algun tipo de alimento, falando de mulleres, ou duas mulleres falando de ... bueno, hai moitas posibilidades...
¿Tes curiosidade por saber cál foi a situación real da conversa? Pois eu teño curiosidade por saber cal foi a situación que ti imaxinache cando a leche. O xogo que che propoño é moi sinxelo. Se queres saber cál foi a situación real da conversa só tes que enviarme un e-mail a papalobas@hotmail.com, no que me contas cal é a situación que a ti che veu á cabeza. Eu respondereiche contándoche o verdadeiro contexto da mesma.

O máis importante é que me mandes a situación que primeiro se che veu á cabeza, esa que sae sen querer, a que nos dicta a intuición.

Máis adiante publicarei no blog as distintas versións que me mandedes (se mandades algunha) e a versión orixinal para que contrastedes. Non hai plazo, según como vaia a cousa.

Hai tres persoas que saben (se se lembran) porque estaban alí o momento en que a conversa saíu a luz. Sede discretos porfa, que se non o xogo non vale.

Se sabes de alguén que lle poida interesar participar mandalle o enlace.

Anímate.


Post Editum: xa me están a chegar respostas. Moi interesantes.
A publicación omitirá a identidade do remitente a petición dalgún dos interesados.

No hay comentarios: