jueves, 29 de marzo de 2007

Festival: FreakLand


¿Xa tedes plan para Semana Santa? O que mais e o que menos xa ten o niño buscado. Para os que estades indecisos coméntovos algo. En Ponferrada celebraráse o 5, 6 e 7 de abril o FreakLand. Un festival de Rock'n'Roll. Rock á vella usanza, o dos rockers de sempre. Pero bueno, polo que me dixerona min, o festival é algo máis do que hai en Ponferrada ese finde. Palabras textuales de un ponferradino: "El festival es lo de menos, nosotros a veces ni vamos a los conciertos, lo bueno es el ambientazo que hai en Ponferrada esos días". Pois ben, eu estiven en Ponferrada un venres normal e corrente, sen eventos notables, e había un ambientazo e unha festa que me deixaron abraiado. Así que esto promete.

As entradas por día andan polos 12 ou 15€/dia, e hai un abono. Os concertos serán na sala Cotton (un lugar moi interesante).

Para os que non o sepan, a movida en Ponferrada empeza na zona de viños (donde teñen a sana costume de poñer un pincho de balde) , donde todo o mundo come e bebe, e empezase a cocer a noitiña a lume lento e con condimento para rematar na zona de copas. Os prezos son asequibles e a movida de moi bo rollo.

Se queredes máis información visitade a web da asociación cultural From Timba to Tumba que é a organizadora do evento: pincha aquí.

miércoles, 28 de marzo de 2007

¡Urbanismo Desaforado!


Xa non nos chejaba co feísmo. Agora ven o urbanismo a acabar de rematala. A ver cándo nos damos conta que un dos recursos máis importantes que temos nesta terra é a paisaxe. Esa paisaxe que nos da calidade de vida (realmente penso que vivimos nun paraíso natural), e xenera (e podería xenerar moito mais se se coidara e soubera explotar de xeito adecuado) unha cantidade importante de ingresos gracias ó turismo. E malia que a maltratamos inda podemos gozar dunhas paisaxes fermosas. A ver por canto tempo. Porque xa empezan a urbanizar desmesuradamente. Está claro que hai que urbanizar. Necesítanse vivendas. ¡¡Vivendas!! ¡¡Non nichos!!. Non só fan falta pisos, pisos e pisos; amoreando edificios de calqueira xeito con tal de facer o edificio máis rentable. Coidemos a paisaxe. Fagamos ruas ámplias, prazas acolledoras, lugares axardiñados, entornos agradables á vista... ¿tanto costa iso? Costa cartos, claro... En definitiva, lugares para vivir. Polo menos cunha calidade de vida minima. A quén lle gusta vivir en laberindos de formigón? Á hora de construir falta sentido común e sobra avaricia. O primordial para políticos e promotores é a pasta, pasta, pasta... Incluso a costa de roubar solo público, arruinar espacios naturais de gran riqueza (estan a urbanizar nas ladeiras do monte Pindo, por exemplo), e estropeala paisaxe... Vaia panorama eh..

É dificil ser optimista neste aspecto hoxe en día.

martes, 27 de marzo de 2007

A morte do señor Parafuso


Amigos, fago eco dun suceso tráxico e consternador acontecido recentemente. Refírome á aparición en estrañas circunstancias do corpo sen vida do señor Parafuso. Unha aura de mistero rodea esta morte (supostamente violenta). Non temos ningún tipo de información sobre o sucedido. Ninguén sabe o móbil do supostro crime. Nin sequera se sabe se foi un crime, pero as fotografías tomadas ó corpo in situ donde foi atopado parecen dar indicios de que así foi. Son as únicas pistas que nos poden aportar algo de luz en este caso.





Se alguén pode aportar algo para esclarecer este asunto, xa seña un testimonio, unha pista, ou se tedes unha teoría do que puido ter pasado, por favor deixade un comentario ou mandadeo a papalobas@hotmail.com . Calqueira teoría, por disparatada que sexa pode ser de axuda.


Señor parafuso; D.E.P.













Máis fotos: pincha aquí, e aquí.

lunes, 26 de marzo de 2007

Conversa


- ...
- É coma todo...
- O que pasa é que claro...

martes, 20 de marzo de 2007

Música: LHASA DE SELA




ABRO LA VENTANA

Ahora me levanto
De esta cama
Ahora
Abro la ventana
Y entra la luz
Con el viento
Ahora te siento
Y estas tan lejos
De aqui

Si un dia te vas
Y ya no vuelves mas
Si un dia me voy
Y ya no vuelvo yo

Que largo es el mundo
Es infinito
Ayer te tuve
En mis brazos
Y hoy
Como un grano de arena
En algun suelo ajeno
Estas escondido de mi

Si un dia te vas
Y ya no vuelves mas
Si un dia me voy
Y ya no vuelvo yo

Que gran silencio
Todo en suspenso
Que vértigo de no verte
Retumbo
Como una campana
Abro la ventana
Y entras tu
Entras tu...


Lhasa de sela é unha cantante canadiense, de orixe mexicana, que canta en francés en inglés e español. A que tedes ahí e a letra dunha canción do seu segundo disco: The living Road. Só publicou dous, o primeiro chámase La Llorona. Os dous son moi recomendables.

Os seus discos son moi intimistas, contando historias de sentimentos, desarraigo e desamor. Con cancións paseniñas, e cunha base rítmica moi peculiar; minimalista e moi orixinal (da man de François Lalonde), e usando a súa voz como un instrumento máis que susurra melodías enfeitizantes.



Máis info:

es.wikipedia.org/wiki/Lhasa_de_Sela
www.lhasadesela.ca
www.lyricsdownload.com/lhasa-de-sela-lyrics.html (Letras)
www.youtube.com/watch?v=uGNk_zHy4Mg (Vídeo)



jueves, 15 de marzo de 2007

Lavado de cerebro


¡Que non cho laven!

¿Eres consciente de que imos cambiando co tempo?. A veces máis do que pensamos. Que non te collan desprevenido.

Igual encontras isto intereante:

http://www.rtve.es/tve/b/redes/semanal/prg393/entrevista.htm


¿Eres quen queres ou quen queren?

Todos contra o canon


Seguro que sabedes a que me refiro. Ese canon inxusto e abusivo que temos que pagar por cada equipo informático (incluídos reproductores de mp3) e cada consumible que usemos (cd's, dvd's, tarxetas de memoria, etc). Tes os prezos que pagas (unha aproximación) na imaxe do marxe.


Hai xente que está a loitar contra esto:

www.todoscontraelcanon.es

Ahí tes información e se estas interesado podes deixar a túa firma como apoio.

Reflexión


O mundo está co-currompido.


Andrés

lunes, 12 de marzo de 2007

Conversa



-¿Queresme?
-Claro.