martes, 11 de marzo de 2008
lunes, 7 de mayo de 2007
Festival SubVersion Coruña
Este xoves, 10 de maio celebraráse na facultade de Filoloxia (cámpus de A Zapateira) apartir das 18:30 e con entrada de balde o festival SubVersion.
Este festival aposta por unha proposta multicultural no que poderán verse exposicións de pintura e fotografía, performances, pintura corporal, graffiti, spoken word, break dance, lectura de poemas, visuales (a cargo do colega PabloHoney) e actuacións musicais diversas que van dende a música de cantautor, folk, hip-hop, punk, rock, drum'n'bass... etc.
Ahí tedes o cartel:
18:30* – Presentación e apertura do festival.
Inicio da exposición de fotografía e pintura de alumnos da Escola de Artes Pablo Picasso.
Exposición do pintor Branda
18:40 – Benito Freire (performance escultórica improvisada)
o Interpretacion: Santi Romay.
o Pintura corporal con saxo tenor: ta & Pedro Lamas
o Grafittis: Bonito Fandango (Kreis & cía).
20:00 – Cantautores
· César de Centi & cía.
· Torgas Pirracas & cía.
· Fernando Ceide
20:45 – Leitura de poemas. Spoken word: Miguel Ladrón de Guevara + Laura Mariño & Iris Gey.
Proxección de videocreacións: Notmusic (Pablo Honey) (audio.visual)
Nelson Rodríguez & cía.
Mota
Joaquín Lameiro
Rubén Páez
Berta Dávila
Tareixa González
Juan Carlos Mejuto
Ramiro Vidal
21:30* – Actuacions musicais con sorpresas nos intermedios.
· Gaita e Pandeireta. Foliada
· Skillzophrenics (break dance)
· Ámbito Kinitoh (hip-hop)
· Álvaro Muras (funk fusión instrumental)
· Sasthipen (flamenco fusión)
· Extretxez Demente (punk)
· Opium Experience (rock/progressive)
· Ekilibrio (rock)
· Nostatic (rock/hard rock)
· BTB Selectas (drum’n bass/dubstep)
*A exposición de fotografía artística, carteis publicitarios de diseño e pintura estará situada ó redor do parking, e comenzará a partir das 18:30 ata ás 22:00.
*A orde temporal das actuacións pode variar segundo a comisión organizadora do festival así o conveña.
Haberá barras en donde teredes cañas a 1 euro, copas a 3 euros, litros de cerveza a 3 euros, e litros de calimocho a 2,50
jueves, 12 de abril de 2007
CircuítosCulturais: Teatro, Maxia, Novo Circo

A Xunta de Galicia mediante a Consellería de Cultura e Deporte e o Concello da laracha poñen en marcha unha iniciativa para achegar as artes escénicas ás novas xeracións. Baixo o nome de circuítosculturais culturaenfamilia desenrolaráse no auditorio da Casa da Cultura un ciclo de teatro, maxia e novo circo entre os dias 13 de abril e o 11 de marzal (ambos incluídos). A asistencia será de balde.
Velaí tedes o programa:
O merlo blanco (teatro)
20/04/2007 21:30h Javier Muro
Maxilusión (Maxia)
27/04/2007 21:30h La Imagina Machina
A viaxe de Efi (Teatro)
04/05/2007 21:30h Benxamín
A maxia de Benxamín e Loli (Maxia)
11/05/2007 21:30h Os Sete Magníficos máis un
O gordo e o calvo van ao médico (Novo Circo)
Para máis información chamar ó Concello da Laracha: 981605001
miércoles, 11 de abril de 2007
Rede galega de locais de ensaio para a Xuventude
A Xunta de Galicia está a crear unha rede galega de locais de ensaio subvencionada, aquí tedes a información que colgaron da web da Rede de Información Xuvenil.
*nota: as gambadas lingüísticas non son miñas, que copiei tal cual da web, non lles vou quitar méritos ós da Xunta.
Contido: integrarán a Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude aqueles locais de ensaio, de titularidade local ou autonómica, debidamente recoñecidos polo centro directivo competente, de conformidade co presente decreto e coa súa normativa de desenvolvemento.
Locais de ensaio de titularidade municipal ou provincial: as entidades locais que teñan locais de ensaio e estean interesadas en pertencer á Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude deberán presentar a súa solicitude.
Locais de ensaio para a xuventude de titularidade autonómica: os locais de ensaio de titularidade autonómica que se axusten ao previsto neste decreto entenderanse automaticamente incluídos na Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude.
Axudas e subvencións: as entidades locais que teñan establecementos integrados na Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude poderán acceder ás axudas e achegas que preste a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar ao desenvolvemento da dita rede, cuxo alcance e contido se establecerá a través de orde ou convenio subscrito para tal fin.
Requisitos: estar preparados acústicamente e debidamente insonorizados. Resultar idóneos para o fin a que se van destinar. Contar con material e equipamento básico necesario para os ensaios. Cumprir coa normativa vixente en materia de seguridade, sobre todo no que se refire a saídas de emerxencia, extintores, etc. Cumprir coa normativa vixente de accesibilidade e de eliminación de barreiras. Contar cunha póliza de seguros de responsabilidade civil que garanta a cobertura das indemnizacións aos usuarios e os sinistros dos locais.
Considérase xuventude a poboación residente na Comunidade Autónoma de Galicia de ata trinta anos. Os grupos musicais nos cales algún ou algúns dos seus membros excedan da referida idade terán igualmente a consideración de grupos xuvenís, para os efectos de poder acceder, nos termos que se establezan, ao uso dos locais de ensaio integrados na rede, cando, polo menos, a metade dos seus membros cumpran o requisito da idade.
Informa: DOG do 13 de febreiro de 2007.
Aquí tedes enlaces a referencias a esto: