miércoles, 11 de abril de 2007

Rede galega de locais de ensaio para a Xuventude


A Xunta de Galicia está a crear unha rede galega de locais de ensaio subvencionada, aquí tedes a información que colgaron da web da Rede de Información Xuvenil.

*nota: as gambadas lingüísticas non son miñas, que copiei tal cual da web, non lles vou quitar méritos ós da Xunta.

Convoca: Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

Contido: integrarán a Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude aqueles locais de ensaio, de titularidade local ou autonómica, debidamente recoñecidos polo centro directivo competente, de conformidade co presente decreto e coa súa normativa de desenvolvemento.

Locais de ensaio de titularidade municipal ou provincial: as entidades locais que teñan locais de ensaio e estean interesadas en pertencer á Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude deberán presentar a súa solicitude.

Locais de ensaio para a xuventude de titularidade autonómica: os locais de ensaio de titularidade autonómica que se axusten ao previsto neste decreto entenderanse automaticamente incluídos na Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude.

Axudas e subvencións: as entidades locais que teñan establecementos integrados na Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude poderán acceder ás axudas e achegas que preste a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar ao desenvolvemento da dita rede, cuxo alcance e contido se establecerá a través de orde ou convenio subscrito para tal fin.

Requisitos: estar preparados acústicamente e debidamente insonorizados. Resultar idóneos para o fin a que se van destinar. Contar con material e equipamento básico necesario para os ensaios. Cumprir coa normativa vixente en materia de seguridade, sobre todo no que se refire a saídas de emerxencia, extintores, etc. Cumprir coa normativa vixente de accesibilidade e de eliminación de barreiras. Contar cunha póliza de seguros de responsabilidade civil que garanta a cobertura das indemnizacións aos usuarios e os sinistros dos locais.

Considérase xuventude a poboación residente na Comunidade Autónoma de Galicia de ata trinta anos. Os grupos musicais nos cales algún ou algúns dos seus membros excedan da referida idade terán igualmente a consideración de grupos xuvenís, para os efectos de poder acceder, nos termos que se establezan, ao uso dos locais de ensaio integrados na rede, cando, polo menos, a metade dos seus membros cumpran o requisito da idade.

Informa: DOG do 13 de febreiro de 2007.


Aquí tedes enlaces a referencias a esto:

El Pais
Xuntos, Portal de Asociacións e Colectivos Galegos

No hay comentarios: