Mostrando entradas con la etiqueta denuncia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta denuncia. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de diciembre de 2008

Feliz Falsedad, pero en leds



Las grandes ciudades desembolsarán seis millones de euros en su alumbrado navideño


Así reza o título de un post que publicou o blog www.eleconomista.es o 23/11/2006. Podedes consutalo clickando AQUÍ. En algúns casos este alumbrado é financiado parcialmente polos comerciantes, pero en outros, como é o caso de Madrid, o concello aportará 3,3 millóns de euros para isto. Eso sí, usarán lámparas led para reducir o consumo (pero non di que o coste do alumbrado con leds é moito superior, gran estratexia de aforro, si señor).

Sea como fora, paréceme totalmente estúpido e hipócrita a máis non poder. Claro, é o que necesitamos en estos tempos. Andan a dicir que vivimos a peor crise económica en moito tempo (din que a peor de todas), que temos que axustar o consumo, que hai que tirar padiante, e lojo veñen con estas tonterias. Paparrapá María Antona. Claro, que mentres a peña esté entretida co arbol, o belén, e comprando miles de cousas sen xeito, cenas/chuzas navideñas, comida duplicada ou triplicada de prezo, e qué bonita é a navidá, non se darán conta que cando chegue xaneiro estarán máis fodidos ca nunca, que hai xente que sigue vivindo na pobreza (e xa non falo de paises en subdesenrolo, non hai que saír de Madrid ou Coruña para velo).

Estamos en crise, pero veña, imos a tirar os cartos. Total é navidá, esa histeria colectiva donde todo está permitido, non hai nada irracional. Sempre e cando sexa rentable económicamente.

Eu respeto aquela xente que é católica e quere celebrar esa festa relixiosa. Pero creo que hoxe en día a navidade non ten nada que ver cos valores católicos, dos que algúns, según teño entendido son a solidariedade, axudar ós débiles, e amar ó próximo. Creo que amor ó proximo, e amor ós cartos é algo moi distinto. Ijual son aljo rariño. Sen dicir nada de toda esa xente que a relixión lle resbala, pero se mete de cheo nesta psicose, sen parase a pensar o que está a facer.

Pois eu dijo: vístete de papá noel, paiaso, que eu paso.

Deixo como colofón un tema se Soziedad Alkolica que describe moi ben o sentimento que eu teño cara estes tempos tan entrañables.



lunes, 14 de enero de 2008

Amnistía Animal



Se eres unha persoa amante da natureza e dos animais, se eres dos que pensa que xa se sufre de abondo neste mundo podes botar unha man, apoiando este proxecto. Trátase dunha iniciativa da Federación de Asociacións Protectoras e Defensa Animal da CAM para solicitar unha Lei nacional de protección animal.

Só tes que seguir o enlace de abaixo e firmar.


http://firmas.amnistianimalmadrid.org/ley/



Non o penses, faino. Non che costa nada, só un pouco de tempo.

miércoles, 28 de marzo de 2007

¡Urbanismo Desaforado!


Xa non nos chejaba co feísmo. Agora ven o urbanismo a acabar de rematala. A ver cándo nos damos conta que un dos recursos máis importantes que temos nesta terra é a paisaxe. Esa paisaxe que nos da calidade de vida (realmente penso que vivimos nun paraíso natural), e xenera (e podería xenerar moito mais se se coidara e soubera explotar de xeito adecuado) unha cantidade importante de ingresos gracias ó turismo. E malia que a maltratamos inda podemos gozar dunhas paisaxes fermosas. A ver por canto tempo. Porque xa empezan a urbanizar desmesuradamente. Está claro que hai que urbanizar. Necesítanse vivendas. ¡¡Vivendas!! ¡¡Non nichos!!. Non só fan falta pisos, pisos e pisos; amoreando edificios de calqueira xeito con tal de facer o edificio máis rentable. Coidemos a paisaxe. Fagamos ruas ámplias, prazas acolledoras, lugares axardiñados, entornos agradables á vista... ¿tanto costa iso? Costa cartos, claro... En definitiva, lugares para vivir. Polo menos cunha calidade de vida minima. A quén lle gusta vivir en laberindos de formigón? Á hora de construir falta sentido común e sobra avaricia. O primordial para políticos e promotores é a pasta, pasta, pasta... Incluso a costa de roubar solo público, arruinar espacios naturais de gran riqueza (estan a urbanizar nas ladeiras do monte Pindo, por exemplo), e estropeala paisaxe... Vaia panorama eh..

É dificil ser optimista neste aspecto hoxe en día.

jueves, 15 de marzo de 2007

Todos contra o canon


Seguro que sabedes a que me refiro. Ese canon inxusto e abusivo que temos que pagar por cada equipo informático (incluídos reproductores de mp3) e cada consumible que usemos (cd's, dvd's, tarxetas de memoria, etc). Tes os prezos que pagas (unha aproximación) na imaxe do marxe.


Hai xente que está a loitar contra esto:

www.todoscontraelcanon.es

Ahí tes información e se estas interesado podes deixar a túa firma como apoio.