
martes, 11 de marzo de 2008
lunes, 10 de marzo de 2008
Lapsus Linguae
-¡Leite! ¡Que está Javi no lume!
Intención:
-¡Javi! ¡Que está o leite no lume!
***
- Toma un jávano, plati.
Intención:
- Toma un plátano, javi.
Intención:
- Toma un plátano, javi.
Ruja, miña nai, na miña infancia
domingo, 9 de marzo de 2008
Festa do San Pepe, Patrón de Informática
Este próximo xoves, día 13 de marzal celebraráse a festa patronal da facultade de informática. Haberá dúas zonas de concertos; a principal no aparcamento, con un par de carpas; e a secundaria na zona cuberta da parte de arriba da facultade. O cartel para a zona principal está ahí abaixo. Na zona B están sen confirmar, posto que van de gratís (non hai presuposto). Se alguén quere actuar xa sabedes, pódovos poñer en contacto co organizador. Os concertos na zona b serán pola tarde de 4 a 8, e apartir da noitiña empeza no outro escenario:
21:00 – 22:00
LEO I ARREMECAGHONA
22:30 – 00:00
SONORO MAXÍN
00:30 – 2:00
BANDA POTEMKIM
Aparte dos concertos durante o día celebraránse distintas actividades lúdico-deportivo-friki-festivas como torneos de cartas, de videoxogos, programación, algunha pachanga...
Aparte diso eu quería montar unha timbalada por alí, acordada con Pablo Mesejo, o organizador, así que se alguén quere vir a tocar que se arrime. Será tarde-noite. E o de sempre, tacapún tacapún. Igual meu irmán se anima a levar a gaita (extrañaríame que non fose así).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)