miércoles, 23 de enero de 2008

XanelaGaliza




Culinariamente falando, de vello se di que os pratos cociñados con amor son especialmente agradables ó paladar. Na miña opinión, o mesmo se pode aplicar a moitos outros temas, como por exemplo a fotografía. Ó degustar as fotografías de XanelaGalica (das que aquí tedes unha mostra) un pode sentir o cariño co que a natureza, as xentes, obxetos e lugares da nosa tera, un encuadre, as luminosidades, os tempos de exposición, a cor e a obturación se combinan para dar unhas instantáneas que, na miña opinión son un prato tan sabedor como ese guiso da aboa, e ese caldiño que mai a mamae, ou esas filloas do Antroido.


E como todo bo xantar, aparte da suculenta pitanza, un bo viño do país. Neste caso as fotografías están aderezdas con caldos musicais exquisitamente escollidos das bodegas do folclore galego. Algúns de soleira, outros das colleitas recentes, pero todos inmellorables.

Parabéns ao chef: Pablo, unha forte aperta dende o cubil.


Bon proveito, aquí vos deixo o enlace.


Algún preguntaráse: ¿e o postre?. O postre no cubil do lobo, claro. XD

Sempre Galiza, sempre Galegos

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Sí,señor!! Parabéns para o chef!! A jueb está curradísima...como ben di o seu nome, úsoa coma xaneliña pola que mirar á miña terra cando a morriña aparece! As miñas favoritas son as da Coruña e as de Bergantiños! ;)

Bikos lobiño!!!!!!

XanelaGaliza.com dijo...

Moitas grazas Lobo.
So dicir que o cociñeiro non ten moito merito, e facil cociñar un bo prato con estes ingredientes. Ningunha camara pode retratar a beleza que ollamos a diario. Se meus ollos poidesen facer fotos...
Parabens polo teu blog!!!
E viva Brigantiños!!!