lunes, 17 de noviembre de 2008

Momentos


Doulle 50 € a quen non esboce un sorriso con este par de entrañables momentos.
Ahí vo-los deixo para que os disfrutedes.







¿Lembrádesvos da primeira vez que probastes o limón?

sábado, 15 de noviembre de 2008

Refraneiro



Macaco vello non mete man in cumbuca

refraneiro brasileiro-portugués


Na India, os cazadores fan un pequeno burato nun coco, meten unha banana dentro e escóndense. O macado acércase e mete a man no burato para coller a banana. Pero sucede que non é capaz de sacala, porque a súa man cerrada non cabe pola abertura. En lugar de deixar a banana o mono queda alí loitando contra o imposible mentes é atrapado.

O mesmo nos pasa nas nosas vidas. A necesidade de algo ou alguén pode levarnos a ser presos. Non percibimos que é mellor perder un pouco, que perdelo todo.

Así que xa sabes, non me sexas mandril.


lunes, 10 de noviembre de 2008

Babatunde Olatunji



"Onte é historia, o futuro é un misterio. ¿e hoxe? Hoxe é un regalo; por iso lle chamamos presente."
Babatunde Olatunji


Gran músico e maior persona. Babatunde Olatungi era un estudiante Nigeriano que chegou a Estados Unidos con unha beca. Estableceuse e aparte da súa actividade académica e política, comezou a mostrar a cultura africana, sobre todo á xente que tiña raices nesa terra e ignoraban o seu folclore. Unha das primeiras persoas en mostrar esa cultura ó mundo. Gañador dun grammy co batería dos Grateful Dead en 1991, colaborador de Santana no mítico Abraxas, e autor da coñecida "Jingo lo ba", deixounos en 2003.


"O ritmo é a alma da vida. O universo enteiro xira entrono ao ritmo. Todo, e toda acción humana xira entorno ao ritmo."
Babatunde Olatunji




"O espírito do tambor e algo que sintes pero que non podes palpar,
que afecta a todo o teu ser...
golpea á xente de formas tan distintas.
É un sentimento que fai que te digas a ti mesmo,
Estou contento de estar vivo hoxe! Estou contento de formar parte deste mundo!"

Babatunde Olatunji


+ info:

www.olatunjimusic.com

jueves, 6 de noviembre de 2008

a casa da leiteira @ dublin 7/11/2008




Este venres comezará un novo ciclo no proxecto A Casa da Leiteira, saímos ó público, de portas para fora. A ver qué pasa.

Tedes máis información pinchando aquí.